SUBE A ALOIA

Aloia é algo máis que unha axencia de publicidade. É comunicación, Internet, webs creativas, Redes Sociais e, tamén, unha axencia de publicidade integral. Desde hoxe ao teu servizo, pero con máis de trinta anos de experiencia.

logo

Últimas Novas

A curtametraxe «Miña» de Michael J. Cassidy, ven de ser seleccionada coma finalista dos premios da Academia Galega do Audivisual «Mestre Mateo». Na curta, Aloia Publicidade participa creando a imaxe gráfica, os créditos e colabora na montaxe. Todo un honor para a nosa empresa.

Que facemos

A nosa posta en marcha vén da idea de axencia de publicidade integral, adaptada aos novos tempos e tecnoloxías. Ofrecémosche todo o que poidas necesitar para comunicar a túa empresa, marca ou idea, desde unha imaxe corporativa completa ata unha tarxeta de visita ou un vídeo corporativo. O noso empeño é conseguir que comuniques exactamente o que ti queres contar ao mundo, do xeito que impoñen agora as tecnoloxías da información. Dámosche solucións, para que non te teñas que preocupar por nada.

Creatividade|Deseño

Todos os servizos que buscas nunha axencia de publicidade, a un custo honesto e coa calidade que dá a nosa experiencia, con máis de trinta anos no sector.

Internet|Web

Facemos e mantemos webs para numerosos clientes. Sempre en HTML5 e CSS3 adaptativo, axeitadas para dispositivos móbiles. Coidamos a comunicación nas redes sociais.

Fotografía|Vídeo

Mellora, rescate, restauración e retoque. Elaboración de álbums a partir de ficheiros dixitais. Todo o que poidas precisar en produción de fotografía e vídeo.

Como traballamos

Sabemos que o tempo e o diñeiro son sempre os factores máis decisivos á hora de que un cliente se decida a facer publicidade ou calquera outra acción comunicativa. A nosa premisa capital é saber sempre que é o que se necesita e cando e como se quere realizar. A finalidade é comunicar, pero cómpre facelo fixando obxectivos claros, sendo conscientes das posibilidades e dos medios dispoñibles para cada acción.

Desenvolvemento

Dispoñemos dos mellores medios propios para poder facer calquera acción publicitaria ou comunicativa. Traballamos pensando sempre na mellor efectividade a un custo honesto.

PaPara facermos o traballo, contamos cos mellores provedores (imprentas, tecnoloxías...) para rematar todos os nosos produtos.

Evolucionamos

Estamos en constante actualización e reciclaxe, porque cremos firmemente na formación continua.

Traballos

Explora algúns dos nosos traballos neste portfolio. Coñece as nosas realizacións e verás todas as posibilidades que che podemos ofrecer. Estes son só algúns exemplos, para que nos poidas descubrir.

cobro

"Non cobro polo que fago, cobro polo que sei."

CAMPAÑA DE PREZO XUSTO NO DESEÑO GRÁFICO

Posibilidades

Todo o que unha axencia de publicidade xeral che pode ofrecer é o principio da gama de posibilidades que dispoñemos para ti. Permítenos lembrarche algunhas das nosas funcións máis características.

Atención continua

Non temos horario, as túas necesidades non poden esperar.

Consultora

Nun mundo globalizado, a comunicación é máis que pura publicidade.

Vangarda

Estamos sempre anovándonos, porque o que hoxe serviu xa é pasado.

Contactar

Desde este formulario pódeste poñer en contacto connosco. Tamén o podes facer por correo electrónico ou por teléfono.

email: info@aloiapublicidade.es
teléfono: 635 25 37 65

*Campos Obrigatorios. Ao enviares a mensaxe aceptas os termos legais.